|
XOGOS DEL CRA
Volver á lista
Aprende lendo
O xogo creouse cos dous elementos básicos que componen o conto, o texto e a ilustración do conto.
O xogo xorde coma resposta a unha pregunta, ¿len os nenos e nenas os contos dos seus compañeiros e compañeiras?
Este xogo abre as portas a tódolos contos publicados e cada neno e nenas teñen ó menos un, téñase que ler ou oír o conto para poder xogar.
Procedemento do xogo: Os nenos e nenas tiveron acceso ós contos publicados por tres vías: 1.visitando www.craescuela.net, para ler el cuento ou oír o cuento 2.lendo o CD-ROM publicado 3.lendo unha copia impresa
Como funciona o xogo: O xogo está composto por 30 debuxos orixinais empregados polos nenos e nenas para ilustrar os seus contos.
Cada debuxo ten un formato de ficha cadrada e está duplicada, facendo un total de 60 pezas.Cada peza leva o código de autor de cada neno ou nena.
O xogo consiste en colocar sobre unha mesa tódalas fichas e levantalas alternativamente ata atopar 2 iguais.
Cando se atopan 2 iguais e co código do autor coma pista, o neno ou nena deben de dicir o título do conto que ilustra dita ficha e comentar brevemente o seu contido.
Gaña aquel que logre obter primeiro 10 preguntas acertadas.
Este xogo pódese descargar do sitio aínda que se deberá montar cortando cada un dos debuxos que componen as fichas.
Elementos do xogo
|
|
|
|
|