PIRATA VIRTUAL

Esta actividade pode ser montada de forma independente nunha sala de forma que os nenos poidan desenrolar as súas habilidades de memorización ou de lectura en tempo real, para esto podemos proporcionarlle unha copia en CD (562.9 Megas) formato ?.mov? que pode ler quicktime 4.

Tamén pode ser baixada da rede e executada no ordenador da clase dunha versión ?.mov? de 4,9 megas.

A gravación xa incorpora os silencios ou espacios de tempo que son necesarios para interactuar.

O perfil dos nenos que interveñen na gravación é de 9 anos de idade nembargantes experiencias realizadas posteriormente permitíronnos comprobar que a partir dos 7 anos hai nenos e nenas que non lles supón unha gran dificultade participar nesta actividade, sen embargo isto depende moito do perfil do propio neno.

A actividade consiste en que o neno ou nena interactúe co Pirata Virtual intentando cazar os tempos á vez que pon a entoación axeitada da posta en escena do diálogo.

Non existe versión en Español da gravación, aínda que os nenos e nenas son perfectamente bilingües a estas idades exprésanse mellor en Galego por ser o idioma materno e ademais é a lingua utilizada por eles nas súas actividades diarias.

O texto ten unha versión en galego que practicamente non necesita traducción ó Español, xa que se entende ben, non obstante si ten algunha dificultade de comprensión do texto solicítenos unha copia do texto en Español por correo electrónico e farémoslla chegar.

Dúbidas, preguntas e peticións a:
piratavirtual@craescuela.net