O CONCEPTO DE INTERNET

Explicarlle os nenos e nenas entre 4 y 9 anos o concepto de Internet de xeito que sexa entendido por todos supón un desafío.
Ocurríusenos a idea de visualizar mediante un xogo este concepto para que os nenos e nenas puideran entender facilmente en que consiste internet e para que nos é útil esta ferramenta.

Unha fermosa mañá de sol sacamos a os nenos e nenas ó patio e creamos unha rede mediante un entrañado de cordas.

                



O concepto de rede de pescar ou de rede coma unha telaraña é un concepto que os nenos e nenas xa teñen asumido.

Colocamos a case tódolos nenos e nenas no extremo de cada corda con excepción de tres que foron emprazados entre eles de xeito que sempre habería un punto intermedio de conexión entre todos.

Unha vez creada a rede explicóuselles que iso é Internet, unha rede, este concepto tamén se traballou coa mestra de Inglés previamente á súa explicación, co que os nenos e nenas xa coñecían o significado da palabra, limitándonos nós á representación visual do concepto.

As palabras viaxan a través da rede

Entregamos a diferentes nenos e nenas as letras ( feitas en madeira a un tamaño duns 10 cm) , de la palabra ?MURCIÉLAGO?. O xogo consistía en facer cegar a un só neno ou nena tódalas letras para que descifrara que palabra era.

Ó viaxar tódalas letras por diferentes camiños e chegar todas ó punto final de destino para construír a palabra puidemos explicarlle ós nenos e nenas como viaxa a información en Internet.

                



Posteriormente cada un escribiu un texto con destino a outros nenos ou nenas que circulou de xeito semellante , mais desta vez eran varias follas entrecruzándose para alcanzar o destino.

O neno comprendeu así como os seus contos poderían chegar a outros nenos e nenas.
A operación repetiuse cunha fotografía de cada, así o neno e maila nena comprenderon coma viaxaban as imaxes.

A operación repetiuse cunha cinta de vídeo e de audio e o neno e a nena comprenderon coma viaxaba o vídeo e o audio.

Finalmente explicóuselles que ó igual que nós temos unha linguaxe de comunicación, Internet ten o seu propio e que esta linguaxe é escrito e ven dado por nomes e apelidos.

Ó igual que eles cada cousa en Internet ten un nome e máis un apelido.
O nome pode ser calquera, pero o apelido está determinado segundo de que familia proveña.

É dicir é da familia dos textos escritos, da familia das imaxes debuxadas ou fotográficas, da familia dos vídeos ou da familia do audio e dos sons.

O seguinte paso foi identificar nos contidos desenrolados polos nenos e nenas os nomes e apelidos de cada documento, podendo cada neno ou nena comprobar que os documentos creados por eles se apelidan, de textos?.doc?, os de foto ou debuxo?jpg?, os de audio ?mp3. os de vídeo?mpg? existindo ademais un código de linguaxe único denominado ?html? no que o significado está relacionado coa posibilidade de pasar dun documento a outro mediante un salto ou enlace.

Estes conceptos cognitivos están directamente relacionados coas actividades desenroladas na rede e cos contidos creados polos nenos e nenas.