APóIANOS

Abrir unha ventá ó mundo das novas tecnoloxías e adentarse nel e máis concretamente desenrolar contidos para a rede foise convertindo nunha necesidade para todos nós.

Dende o Concello quixemos integrar información e tecnoloxía a través da creatividade dos nenos e nenas, o noso mellor e máis escaso recurso para o futuro.

O denominado Proxecto CRA nun espacio de tempo moi curto permitiunos ver que as nosas ideas non estaban equivocadas a tenor dos resultados obtidos.

Cada día vemos florecer novas redes de información e afortunadamente hoxe podemos dicir que unha desas novas redes foi creada en Ponteceso por un grupo de mestras e mestres e os seus alumnos e alumnas con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos.

Dende hoxe xa temos un novo foro de comunicación cos nosos cidadáns do mañá, animámosvos a expandir esta rede con novos proxectos de colaboración.


Alcaldía de Ponteceso