E-CONTOS

A editora escolle unha temática para un e-conto, suporíamos a selva e define unhas pautas para desenrolar unha historia.

A idea é enviada por correo electrónico ás diferentes editoras dos centros as que poñen en coñecemento ós nenos o traballo a realizar.

Tomemos por exemplo que a tarefa consiste en describir unha selva e adoptar a personalidade dun animal da selva e escribir acerca del integrándoo nunha historia.

Os nenos conéctanse ó Foro de Traballo on-line e publican os seus textos.

A editora lee toda a información recibida e integra os diferentes textos creando así o comezo da historia. O texto é publicado na web.

Os nenos que foron seleccionados para continuar desenrolando este e-conto reciben un correo electrónico no que se lles confirma o seu personaxe e invítaselles a ir á web a ler o principio do e-conto que foi publicado.

A partir de aí os nenos e segundo o seu personaxe deberán desenrolar o e-conto facendo sucesivo envíos á editora.

Cada vez que a editora recibe o conxunto da información, léea e escolle aqueles elementos que desexa incorporara ó conto, incorpóraos e publícaos na web iniciándose así novamente o proceso.

Cando o e-conto está finalizado a editora pide ós distintos nenos e nenas que fagan unha ilustración. Unha vez feitas as ilustracións a editora escollera a que crea máis axeitada para ilustrar o e-conto.

Esta ilustración farase por ordenador, tanto debuxarse coma pintarse.

Para ir a E-contos facer clic aquí.