CONTOS SECUENCIADOS

O traballo consiste en que o neno se conecte á web e no apartado de contos escolla algún dos secuenciados. Ó baixalo da rede o conto virá acompañado dunha serie de debuxos que o neno debe ordenar de forma secuencial e correcta.


Para esto deberá inserir nun novo documento as imaxes.

Secuencia descritiva
    1.Conéctase á web www.craescuela.net
    2.Accede ós contos, pódeos ler ou oír na rede antes de baixalos.
    3.Baixa o conto e as imaxes
    4.Baixa a folla na que debe ordenar as imaxes
    5.Abre as imaxes do conto con Photoshop.
    6.Ordena as imaxes
    7.Salva o novo documento
    8.Envíao como arquivo adxunto á súa mestra por correo electrónico.


Para ir a Contos Secuenciados facer clic aquí.